Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Abuso de posición dominante

O Tribunal da UE confirma a multa de 497 millóns para Microsoft

O órgano xudicial comunitario rexeitou o recurso da empresa estadounidense de software.

Redacción - 12:30 17/09/2007
Bill Gates, presidente de Microsoft

Bill Gates, presidente de Microsoft

O Tribunal da Unión Europea confirmou este luns a histórica multa imposta pola Comisión Europea a Microsoft. A empresa estadounidense de software terá que pagar 497,2 millóns de euros por abuso de posición dominante.

A sentenza considera que Microsoft aproveitou o monopolio do seu sistema operativo Windows, presente en 95 de cada 100 ordenadores, para impedirlles o acceso aos seus competidores á información necesaria para programar produtos compatíbeis. A inclusión do reprodutor Windows Media Player dentro do sistema operativo fixo que a Comisión obrigase a Microsoft a vender os dous produtos por separado.
Coa súa decisión, o tribunal cuestiona o modelo de negocio de Microsoft, baseado no aproveitamento da súa posición de liderado no mercado informático. A pesar de que o Tribunal de Primeira Instancia rexeitou o recurso de Microsoft contra a sanción europea, o xigante do software aínda ten un prazo de dous meses para recorrer perante o Tribunal de Xustiza da UE.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: