Os feitos tiveron lugar en Girona, nunha protesta independentista contra a visita do monarca.
A Fiscalía da Audiencia Nacional española esixiulle á ao departamento de Interior do goberno catalán que identifique aos autores da queima dunha foto de Juan Carlos I en Girona. O suceso tivo lugar este xoves nunha manifestación independentista contra a presenza do monarca. Na mesma participaron catrocentas persoas.
Poden ampliar a información en Vilaweb, La Vanguardia e en El Periódico de Cataluña.