 
 
Logo de que non se aprobara a creación dunha comisión parlamentaria.
 
											A vía rápida do Barbanza é unha das de máis sinistralidade do país
O voceiro do PPdeG no Parlamento, Manuel Ruíz, asegurou este xoves en Compostela que os conservadores non descartan pedirlle á Fiscalía que investigue a adxudicación das obras para a autovía do Barbanza. Ruíz afirma que os conservadores valorarán  esta saída logo de que os socios do bipartito rexeitaran unha comisión de investigación.
O baile de cifras non para, mentres os populares afirman que Política Territorial pagou 30 millóns de euros máis polos traballos ao cambiar de adxudicatario, dende o PSdeG aseguran que a diferenza é de 47.000 euros. Ademais, os socialistas xustifican a decisión alegando que a proposta que apoiaba o PPdeG, a da construtora San José, tiña deficiencias no que se refire á seguridade vial.
Mentres, aínda rebolen as graves acusacións que cruzaron Touriño e Feijoo o mércores no Parlamento. O líder do PPdeG acusaba ao Goberno de “prevaricar” á hora de conceder a obra e Touriño cualificaba de “chapuza mortal” e “actuación fraudulenta” a xestión da anterior Xunta neste caso.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto