Segundo a lista vermella da IUCN, en poucos anos desaparecerán un cuarto dos mamíferos, un oitavo das aves, un terzo de todos os anfibios e o 70 % das plantas.
A nova lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) presenta este ano máis de 40 mil especies ameazadas, 16.306 en perigo crítico, 188 máis que no ano pasado: un cuarto dos mamíferos, un oitavo das aves, un terzo de todos os anfibios e o 70 % das plantas están preto de desaparecer.
Hai xa 785 especies consideradas extintas e máis de cinco delas, cos seus últimos membros vivos, van ser incapaces de sobrevivir soas na natureza.
Por que tantas extincións?
As explicacións a esta triste tendencia, ameaza global á diversidade natural, van da destrución natural ou humana dos hábitats, á captura ilegal, ás doenzas infecciosas ou ás alteracións climáticas.
As especies ameazadas este ano
As preocupacións deste ano céntranse no gorila, en varias especies de corais das Illas Galápagos e nas algas mariñas, que forman parte desta listaxe por primeira vez. Tamén está nela o golfiño do río Yang-tzé, un crocodilo da India e o Nepal, varias especies de voitres de África e Asia, 723 novos réptis do continente americano e algunhas especies de peixes de acuario.
A única extinción declarada
O único ser vivo do que se ten constancia científica da súa desaparición é unha especie de begonia -Begonia eiromischa, que só foi vista dúas veces, en 1886 e 1898, que estaba entre as 8447 plantas ameazadas este ano.