Considera que o incremento que reclama o Bloque é raquítico.
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, apurou en criticar a reunión do deputado nacionalista Francisco Rodríguez co vicepresidente español, Pedro Solbes. Rueda cre que “o raquítico incremento que agora reclama o BNG non é máis ca un paripé que fan os nacionalistas para logo poder vender unha certa imaxe de reivindicación”.
Os conservadores subliñan que os 2.500 millóns son necesarios para que o AVE chegue a Galiza en 2012. A isto, habería que sumar os cartos para autovías, portos, aeroportos e outras infraestruturas.