O colectivo Ceivar colgou na rede un vídeo no que se poden ver as imaxes da controvertida actuación policial nas vésperas do Día da Patria.
A policía cargou con forza contra os mozos e mozas que estaban a participar na Rondalha da Mocidade independentista, unha manifestación que cada ano convoca AMI en Compostela, na noite de véspera do 25 de xullo. Algúns dos participantes tiveron que recibir asistencia médica. Agora, o colectivo Ceivar anuncia que dez dos agredidos xa presentaron denuncia contra aos axentes.
O vídeo está composto por imaxes gravadas nas celebracións do 24 de xullo e fotografías da carga, así como imaxes do día a seguir, o 25 de xullo e das contusións e feridas que sufrían algúns dos presentes nas manifestacións dese día.
O material gráfico, moito del aínda inédito, pode verse no YouTube en dous pedazos, ou en Google, onde se ve o vídeo enteiro, como aquí, a seguir: