Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Anunciaron novidades no ensino e sanidade

O PSdeG celebra a súa festa de comezo de curso en Vilagarcía

O secretario xeral e presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou que o bipartito "goberna con máis forza e motivación que nunca".

Redacción - 17:28 09/09/2007
Tags: PSdG Touriño

É a sétima edición desta cita, este ano trasladada de Caldas de Reis a Vilagarcía de Arousa. Touriño asegurou ante o secretario de Organización do PSOE, José Blanco, que prevé os mellores resultados para as eleccións xerais de marzo, e que o electorado responda “igual” ca nas pasadas eleccións municipais.

O líder socialista pediu, perante máis de 3.500 simpatizantes, “un traballo de explicación" da xestión do Goberno central e da propia Xunta nos dous anos que leva no poder, para que o presidente do Estado José Luis Rodríguez Zapatero siga na Moncloa."Hai un Goberno que goberna e un partido que está como nunca, en Galicia e en España".

Por outra banda, falou do PPdeG como un partido"sen proxecto nin liderado". Segundo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, "sobrevive baixo a sombra de Madrid e das directrices de Xénova". Apuntou o crecemento de Galiza dende o comezo do seu goberno, e falou dunha duplicación do investimento público.

Novidades


O secretario xeral do PSdG anunciou tamén novas medidas para o vindeiro curso: explicou que antes do final de lexislatura todos os centros de ensino primario e secundario accederán a internet por fío ou conexión wifi e que se asinará un pacto pola competitividade para seguir creando emprego.

Avanzou tamén que antes de 2008 todos os médicos de Atención Primaria contarán coa historia clínica electrónica dos pacientes para traballar en tempo real e garantiu o Servizo de Transporte adaptado para que quen padeza "dificultades" conte cunha alternativa de mobilidade.

Despois interviñeron tamén a alcaldesa, Dolores García; o secretario xeral de UXT-Galicia, José Antonio Gómez; e o secretario de Organización do PSOE, José Blanco.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: