Na xeral segue quedando de undécimo. O Caisse d'Epargne, de décimo terceiro nesta etapa, segue a liderar a clasificación.
A vitoria desta sétima etapa da Vuelta foi para o alemán Erik Zabel: o membro do Milram percorreu os 176,3 quilómetros entre Calahorra e Zaragoza en 3 horas e 52 minutos. Con todo, queda no posto 82 a máis de 18 minutos do líder.
Nesta xornada quedaron tres dos nosos ciclistas entre os trinta primeiros: Gustavo Domínguez obtivo o décimo sexto posto, e Ezequiel Mosquera, malia quedar no vixésimo oitavo posto nesta etapa, seguido inmediatamente por David García, mantense na novena posición na clasificación xeral, que continúa liderada polo ruso Vladimir Efinkin.
Óscar Pereiro, do Caisse d'Epargne, segue a manterse na décimo terceira, a 1:57 do líder. Nesta etapa quedou na posición 64. En canto á montaña, Serafín Martínez, do Karpin Galicia, quedou terceiro por baixo de Jesús Rosendo (Andalucía Cajasur) e Raúl García de Mateos (Relax GAM). Este sábado agárdanlles 52 quilómetros case chans entre Cariñena e Zaragoza, e o domingo volven ao terreo montañoso e a percorreren unha distancia importante: 167 quilómetros dende Huesca até a estación de esquí de Cerler.