Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
EMITIDO NA TVG O ÚLTIMO 25 DE XULLO

Publicado na rede o documental sobre o galego no exterior

Fronteiras narra, mediante entrevistas a falantes e expertos, a difícil situación da lingua máis alá dos límites autonómicos

Redacción - 10:11 07/09/2007
Falantes zamoranos de galego  en "Fronteiras"

Falantes zamoranos de galego en "Fronteiras"

Un dos primeiros filmes sobre a situación do galego máis alá dos límites administrativos da Comunidade Autónoma, o documental “Fronteiras”, xa se pode ver a través de Google Video. Trátase dunha obra dirixida por Rubén Pardiñas e emitida na Televisión de Galicia o pasado 25 de xullo de 2007.

O documental analiza o presente da lingua galega no exterior mediante entrevistas con falantes de zonas fronteirizas (Zamora, O Bierzo, etc.) e persoeiros da cultura do país, como o escritor ourensán Xosé Luís Méndez Ferrín.

"Fronteiras” é produto do traballo de Pasacana Films e Atalanta Producións e tamén conta coa colaboración do festival Play Doc , que se organiza no mes de marzo en Tui.


4,78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: