Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PRESENTARASE O 20 DE SETEMBRO EN COMPOSTELA

En marcha un proxecto para conectarse á rede con enerxías renovábeis

O relatorio sobre o proxecto Belenus é unha das grandes atraccións das Xornadas De Software Ceibe da Universidade de Santiago

Redacción - 18:07 06/09/2007

A organización das Xornadas De Software Ceibe da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaba de publicar o programa da segunda edición. Un dos relatorios máis novidosos será a presentación do proxecto BelEnus.

Trátase dun innovador proxecto galego para crear unha plataforma
de conexión a internet de banda larga que funciona con software libre.
Destaca, como principal novidade, que a plataforma está alimentada mediante enerxías renovábeis, como, por exemplo, paneis que aproveitan a luz do sol.

As xornadas están organizadas pola Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela (Aulusc) e o Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza (GLUG) e terán lugar no Campus Sur entre o 20 e o 21 de setembro.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: