Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Troco de parecer

O PSN di agora que aceptará o apoio de ANV no Concello de Iruña

Os socialistas impediron que Uxue Barkos, de Nafarroa Bai, fose proclamada alcaldesa da capital navarra, para non coincidir no voto con ANV.

Redacción - 12:45 06/09/2007
UPN goberna o Concello de Iruña en minoría

UPN goberna o Concello de Iruña en minoría

O Partido Socialista de Navarra (PSN), tras impedir que a candidata de Nafarroa Bai, Uxue Barkos, fose proclamada alcaldesa de Iruña, alegando non querer coincidir con ANV no sentido do voto, anunciou este mércores que admitirá a "colaboración ou apoio" dos dous edís da formación abertzale.

O voceiro do PSN no concello da capital navarra, Javier Torrens, aclarou que os socialistas non van retirar propostas novas só porque as apoien os edís de ANV, e que no caso de que a formación abertzale realice propostas "interesantes" para a cidade, contarán co seu voto favorábel.

"Mala noticia" para UPN
A reacción por parte de UPN logo do anuncio dos socialistas non se fixo agardar. "É unha moi mala noticia que o PSN, polo menos no Concello de Pamplona, estea disposto a se aliñar con quen apoian o terrorismo e nunca o condenan, como ocorreu recentemente no propio consistorio pamplonés", sinalou Jaime Ignacio Del Burgo, deputado de UPN e membro da dirección do PP no parlamento español.


4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: