Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polo Partido Republicano

O actor Fred Thompson anuncia a súa candidatura ás presidenciais estadounidenses

O ex senador únese á lista de oito candidatos que aspiran suceder a George Bush á fronte dos conservadores.

Redacción - 13:10 06/09/2007
O actor Fred Thompson

O actor Fred Thompson

O actor e ex senador Fred Thompson anunciou este mércores que vai presentar a súa candidatura para liderar o Partido Republicano de cara ás vindeiras eleccións presidenciais nos EUA, de 2008, no transcurso do popular programa de televisión Tonight Show with Jay Leno.

O anuncio fíxose público namentres os oito candidatos xa postulados -entre os que se atopa o antigo alcalde de Nova York- participaban no estado de New Hampshire -clave na elección- nun debate televisado.

O antigo senador polo estado de Tennesse, e que actualmente interpreta un papel na serie Lei e Orde, é coñecido pola súa visión extremadamente conservadora en asuntos como o aborto e a posesión de armas de fogo.

Poden ver o anuncio na web do programa.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: