O presidente de Portugal saíu ao paso da controvertida proposta do escritor José Saramago.
“Abonda coñecer a historia de Portugal para dicir que esa hipótese é completamente absurda”, asegurou o xefe de estado portugués a preguntas dun xornalista español en Bruxelas. Cavaco Silva era así de expeditivo ao falar da proposta do Nobel de Literatura José Saramago. O escritor portugués tiña defendido unha federación ibérica que unira a Portugal e o estado español.
Nunha entrevista, Saramago opinaba que Portugal podía gañar en desenvolvemento económico con esta fusión. As propostas do literato ergueron axiña un trebón de opinións. Diferentes intelectuais e políticos criticaron abertamente a proposta de Saramago.
Poden ampliar información no xornal Público.