Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OPINIÓN NA REDE

Aceptaría o PSdeG unha solución 'á navarra' en Galiza?

O deputado Xosé Manuel Lage di no seu blog que un apoio dos socialistas ao PPdeG sería imposíbel.

Redacción - 18:57 03/09/2007

O parlamentario do PSdeG Xosé Manuel Lage coida que en Galiza non se podería producir unha situación como a vivida nas últimas semanas en Navarra. Alí o PSN facilitou a investidura dun presidente de UPN, por ordes expresas da dirección estatal do PSOE, cando había posibilidade de pactar con Nafarroa Bai.

Nun artigo no seu blog afirma que “Sen caer excesivamente na política-ficción, do que sí estou seguro é de dúas cousas: Primeiro, en Galicia sería imposible defender que as decisións sobre o goberno de Galicia se tomaran dende Madrid e segundo, o cambio foi posible pola recuperación do PSdeG como segunda forza e alternativa ao PP, xa que unha parte moi ampla do electorado non ve ao BNG como unnha forza de goberno senón máis ben de oposición.”


3,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: