Xabier Gómez Noya foi o segundo en chegar á meta do
campionato do mundo de triatlón, que se desenvolveu este domingo en Hamburgo (Alemaña). O atleta ferrolán fixo un tempo de 1:43:22, catro segundos por detrás do alemán Daniel Unger, que venceu a proba.
Ao final non puido ser. Despois de varios centos de metros en que Gómez Noya acadou unha clara vantaxe sobre o seu rival directo, ao final o corredor alemán, nun sprint final espectacular, conseguiu merecer o posto máis alto do podio.
Iván Raña tivo que abandonar a carreira na terceira volta por unha molestia.