Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FRONTE AS LOUBANZAS DA PRENSA ESTATAL

"A Raíña cústanos máis pero nós sabemos en que o gasta"

The Times, o diario máis influínte de Inglaterra, ataca ao rei Juan Carlos e critica o secuestro de El Jueves, que segue á venda en Ebay

Redacción - 15:00 31/08/2007

'The Times', un dos xornais máis prestixiosos do mundo, publica hoxe un duro artigo sobre os escándalos da familia real española. As abertas críticas da publicación londinense contrastan coa timidez da prensa estatal, que sigue a informar sobre a Casa Real en termos favorábeis malia a acumulación de escándalos.

"Iates de luxo" para o sucesor de Franco
"Ten sido tratado como un ídolo durante 30 anos, navegando en iates de luxo, montando motocicletas e gozando dun tratamento reverencial co que a Raíña Isabel II só pode soñar. Malia todo, hai síntomas de que o Rei Xoan Carlos de España corre o risco de perder o favor dos seus súbditos", apunta o diario.

A caza dun oso previamente embebedado e a opacidade das contas da Casa Real son dous dos exemplos que usa o periódico para argumentar a caída da popularidade dos Borbóns. De feito, o xornal inclúe o titular “A Raíña cústanos máis pero polo menos nós sabemos en que o gasta”.


Máis de 2.000 euros polo número secuestrado

Un dos aspectos máis criticados no artigo é o secuestro de El Jueves tras publicar unha portada dos príncipes de Asturias fodendo. O diario asegura que o procesamento dos debuxantes volveuse en contra dos reis, pois púxoos no centro do debate público.

Tamén fai referencia o alto prezo dos exemplares de El Jueves que se subastan en internet. Hoxe pódese conseguir un por 100 euros, pero o prezo chegou a superar os 2.500 euros.
The Times deixa claro que Juan Carlos “foi coroado seguindo as ordes do xeneral Franco”.


5/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: