Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Socialistas e nacionalistas quítanlle importancia

Atribúenlle a comparación do himno co "Cara al Sol" ás "cousas de Garcés"

Ao fío das polémicas declaracións do concelleiro de Educación e Festas, o socialista Carlos González Garcés Santiso, sobre os versos de Pondal.

Redacción - 09:30 30/08/2007
Carlos González Garcés, concelleiro de Relacións Institucionais, Educación e Festas

Carlos González Garcés, concelleiro de Relacións Institucionais, Educación e Festas

Malia ser man dereita do alcalde, Xavier Losada, e ter entre as súas atribucións de goberno, ademais de Educación e Festas, responsabilidade na área de Relacións Institucionais, o concelleiro Carlos González Garcés semella non ter as habilidades diplomáticas cuxa ausencia xa se lle reprochaban ao anterior rexedor coruñés, Francisco Vázquez.

Así, González Garcés declaraba esta semana que o interese do BNG para que os cativos coñecesen o himno desde o xardín de infancia seica lle lembraba o tempo en que lle "obrigaban a cantar o Cara al sol".

Os socios nacionalistas no concello herculino transixían este mércores coas afirmacións de Garcés. "Trátase simplemente dunha falta de respecto propia de persoas desnortadas politicamente que non se decatan de que en Galiza e na Coruña existe unha situación política diferente que fai a sociedade cos seus votos", comentaba, Henrique Tello, voceiro do BNG na cidade e primeiro tenente de alcalde no Concello. Tello criticou a "mala fe" e "falta de respecto" do que na súa opinión son exemplo as declaracións de Garcés e chamou a "non alimentar a polémica". Tello referiuse á frase "as cousas de Garcés", acuñada polos propios compañeiros do socialista no PSdeG local para referirse ás extemporáneas ocorrencias de Garcés Santiso.


4,33/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: