Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Gañador do Utopía Son

Yhosvany Palma, dende Cuba en galego

A mostra de canción de autor reuniu 24 artistas. De entre eles, o artista de orixe cubana levou o premio á canción en galego con Irse.

Redacción - 10:00 01/09/2007
Yhosvany Palma

Yhosvany Palma

O cantautor de orixe cubana Yhosvany Palma foi o gañador do segundo certame Utopía Son na categoría de canción en galego. Palma presentou o tema Irse, demostrando, segundo o blog do festival, que hai algo de utopía no feito de que un cubano que vive en Galiza cante no idioma en que milleiros de emigrantes falaron en Cuba.

O premio para canción en calquera idioma compartírono ex aequo Julián Rodríguez, con Serán libres; Sireno, con Creación/mantemento/destrución; Días descalzos, con Días descalzos, e Expediente oculto, que presentou ¿Quién se atreve a decir que es terror?

Na mostra participaron 24 autores durante catro meses, de maio a agosto, en concertos diante do público no café Uf de Vigo. O certame estivo complementado con conferencias, debates, ciclos de cine e música, e exposicións de libros e discos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: