A obra Golulá foi seleccionada entre 440 propostas da mesma categoría chegadas de diversos países.
Unha escena da obra premiada
A compañía Galitoon Productions, única galega das seleccionadas para a X Feira do Teatro de Castela e León, foi a gañadora do premio ao mellor espectáculo infantil, con Golulá. O festival de Ciudad Rodrigo acolleu a estrea en castelán da obra, que se presentara por primeira vez en Pontevedra o pasado mes de febreiro.
Galitoon salienta a importancia da feira, unha das máis importantes da Península Ibérica, e o feito de que premiase a súa obra de entre as 440 propostas chegadas á organización dende todo o mundo. Os outros dous premios que se concederon, ao mellor espectáculo de interior, e ao mellor espectáculo de rúa, leváronos, respectivamente, a compañía israelí Orto-Da Theater Group, e a catalá L'Avalot Teatre.