Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Xadrez

Os pícaros galegos fanlle xaque mate aos de Taiwán

Dentro do campamento de Verán de xadrez organizado pola Escola Internacional Kasparov-Marcote en Mondariz-Balneario, os galegos demostraron a súa superioridade.

Redacción - 12:21 25/08/2007
Lucas Abal, o campión, xogando contra Shiau Sun Wei

Lucas Abal, o campión, xogando contra Shiau Sun Wei

Lucas Abal, de 10 anos, campión galego e subcampión estatal sub-10, do clube Fontercamoa de Vilagarcía gañou todo o que xogou nesta exhibición de novas promesas do xadrez, onde participaban nenos de 6 a 10 anos.

O xogo foi a partidas rápidas, de 15 minutos, e ían todos contra todos, nunha soa volta. Segundo contan dende a organización, os nenos "pasaron momentos de moita tensión, mais saíron todos eles ben parados", sobre todo Lucas Abal, que gañou as tres partidas que botou. De segundo ficou o subcampión de Taiwán sub-10, Shiau Suen-Wen, de 10 anos tamén; e terceiro foi o xogador local, Brais Galván, de 9 anos e actual subcampión galego. De último -pois eran catro- ficou o máis cativo, o outro meniño taiwanés, Meng-Wei Ho, que con 6 anos xa é Campión de Taiwán Sub-10 e unha das promesas do xadrez a nivel mundial.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: