Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O INFORME CUSTARÁ 200.000 EUROS

A Xunta avaliará o rendemento dos seus funcionarios mellor pagados

A EGAP escollerá a 900 traballadores dos grupos 'A' e 'B' que deberán someterse a unha entrevista cunha consultora privada

Redacción - 17:15 24/08/2007

Valorar os postos de traballo dos Grupos A e B do persoal ao servizo da Xunta de Galicia”. Esa é a finalidade do informe que a Escola Galega de Función Pública (EGAP) acaba de sacar a concurso por máis de 200.000 euros.

A empresa adxudicataria terá que entrevistar a 900 funcionarios dos grupos A e B, os mellor pagados da administración autonómica. Será a EGAP quen escolla que asalariados deben someterse á avaliación da consultora.

O Goberno galego pretende coñecer, entre outros puntos, se o labor que desenvolven estes traballadores se corresponden “coas funcións que está normativamente previsto que se exerzan no devandito posto de traballo”. E dicir, se os funcionarios adican realmente o seu tempo ás funcións marcadas oficialmente.

O impacto do cambio de goberno
Cómpre sinalar que dos grupos A e B proceden a maioría dos cargos directivos da administración. Co cambio de goberno, algúns funcionarios destes grupos tiveron que abandonar as funcións directivas e reintegrarse nas prazas das que son titulares. O estudo servirá, polo tanto, para determinar a eficencia deste colectivo.

A empresa que resulte adxudicataria terá nove meses, unha vez asinado o contrato, para entregar un informe detallado á EGAP, segundo establece o concurso publicado no DOG.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: