Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Este venres

Sarkozy visita Iparralde no medio dunha vaga de ataques contra a especulación inmobiliaria

Tras cen días no poder, o presidente francés viaxa a Baiona onde tamén se convocan protestas para esixir autonomía política.

Redacción - 13:20 24/08/2007

Irrintzi (berro, en éuscaro) reivindicou nestes últimos seis meses ao redor dunha vintena de ataques con artefactos artesanais contra axencias inmobiliarias, residencias de verán e outros obxectivos turísticos, coa pretensión de denunciar a especulación no Iparralde, o Pays Basque francés.

Tanto os seus fins como o seu modus operandi aseméllanse aos que en Galiza aplica Resistencia Galega. As frases EH ez da salgai e Le Pays Basque n'est pas à vendre (Euskal Herria/ O País Vasco non se vende, en éuscaro e en francés) aparecen pintadas nos lugares obxecto dos ataques.

Visita a Baiona

Neste escenario, o presidente da República Francesa, Nicolás Sarkozy -ao día seguinte de se cumpriren os seus cen primeiros días no poder e poucas horas despois da explosión dunha furgoneta en Durango, Biscaia (Hegoalde)- visita esta rexión de Euskal Herria acompañado pola ministra francesa do Interior, Michèle Alliot-Marie, cun tema principal na súa axenda: a loita contra o terrorismo.

Está previsto que a presenza de Sarkozy en Bayona (un dos poucos concellos onde non acadou a vitoria nas pasadas eleccións presidenciais) sexa obxecto dunha protesta impulsada por Batasuna, ilegalizada polo estado español mais non polo francés, que convocou unha concentración ao mediodía no porto de Ciboure co lema Sarkozy: recoñeza e respecte o País Vasco. Autonomía.

Cen días

Nicolas Sarkozy de 52 anos, cumpriu esta quinta feira cen días como presidente do goberno francés (asumiu o poder o pasado 16 de maio), tempo que lle serviu para se converter nunha importante figura do escenario político internacional, mais tamén para ser cuestionado polo seu estilo de facer política, baseado en golpes de efecto populistas.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: