Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crónica dende a India (13)

Xa está ben de xogar coa saúde

Novartis, por suposto, xa se encargou de lanzar a pelota do medo, tan frecuente nos tempos que corren, ameazando coa baixada da investigación. María Reimóndez escribe para Vieiros desde a India.

Redacción - 09:30 23/08/2007

Comeza o Vanakkam
Cando partimos para Chennai (Ambal, Bobby, Yanira, Sahajaraj e mais eu) temos por diante unha longa viaxe e despois dela unha longa espera ata ben pasada a media noite, cando vemos á fin as caras cansas pero emocionadas das participantes no Vanakkam saír polo longo corredor do aeroporto de Chennai. Todo é novidade, comentarios, o susto da condución india, as paradas na noite para tomar un té (sorpresa ante a moita xente -homes- que andan pola rúa a esas horas), o amencer fresco da mañá e por fin a chegada a Tiruchy que nos recibe co Rock Fort no fondo e auga no Kaveri. Demasiadas emocións e cansazo fan que o domingo teña que ser por forza un día de descanso.

A resolución
A semana comeza con boas novas. Á fin a resolución. Á fin a resolución agardada. Hai moitas persoas pendentes, algunhas activamente e outras que sen sabelo se poderían ver afectadas de forma irreversible. Pero o tribunal de Chennai non cedeu e foi firme. Novartis non pode tirar abaixo a Lei india de patentes, unha lei que pon os dereitos das e dos pacientes por enriba do lucro económico. Esta loita non era só sobre o medicamento anticanceríxeno polo que litigaba Novartis (a lei non permite patentar medicamentos dos que se fagan só modificacións, a patente ten que ser para medicamentos radicamente novos) senón para todos os medicamentos que produce a India para os países en vías de desenvolvemento, entre eles os antirretrovirais, fundamentais para a calidade de vida das persoas seropositivas.

Novartis, por suposto, xa se encargou de lanzar a pelota do medo, tan frecuente nos tempos que corren, ameazando coa baixada da investigación. Pero sinceramente ás persoas dos países en vías de desenvolvemento a investigación de Novartis pouco lles pode importar. Ningunha farmacéutica investiga nin desenvolve medicamentos para os problemas de saúde máis importantes do mundo (entre eles a malaria) que se atopan nos países en vías de desenvolvemento simplemente porque os pobres non dan beneficios. Por iso xa está ben de que a investigación médica estea suxeita ao beneficio económico. Xa está ben de xogar coa saúde. Loita ás farmacéuticas!


Crónicas anteriores:


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: