Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) foi fundado en 1943, polo egrexio científico de Lalín que lle da nome. Co patrocinio do rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do CSIC comezou a construcción do edificio de dúas cúpulas. O Observatorio acolleu os instrumentos astronómicos que Ramón María Aller tiña no seu observatorio de Lalín. O seu director actual é o profesor Jose Ángel Docobo Durántez.

- 09:54 23/01/2000
Tags:

Hoxe dispón dos seguintes instrumentos: o telescopio refractor doado polo padre Aller, unha cámara de interferometría speckle e un fotómetro de ocultacións. A cámara de interferometría speckle é empregada para a detección de detalles pequenos dos obxectos celestes. O fotómetro de ocultación para medi-las variacións do brillo dun obxecto canda pasa outro por diante. Os aparellos descritos son moi útiles para o estudio das estrelas dobres é múltiples, a principal liña de investigación do Observatorio.
No OARMA puxéronse en marcha, dende 1982, 11 proxectos de investigación. Ademais hai que engadir un intenso labor docente, xa que nas súas instalación fan prácticas os alumnos e alumnas da USC que cursan materias de Astronomía.
A súa biblioteca é unha das máis completas no seu eido. O OARMA conta con dúas estacións de recollida dos datos meteorolóxicos da cidade de Santiago de Compostela. En vindeiros anos melloraranse os medios de observación coa construcción do Observatorio Astronómico de Monte Faro.
Aínda que en proceso de desenvolvemento, nas páxinas do OARMA podemos atopar información das efemérides astronómicas. Na rede podemos consultar resumos dalgúns traballos desenvolvidos polo seu director, o doutor Docobo sobre estrelas dobres,


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: