Falta de alimentos, desorganización na xestión da crise, tardía chegada das axudas internacionais, pillaxe... A situación complícase en Perú logo do terremoto.
				 
				
					Na rede:   
- Blogueira galega 	no Perú, conta a experiencia 
- Usuarios de Flickr soben fotos 	sobre o sismo: enlacenacional 	Na prensa do Perú (fotos, datos, infografía):  	 
  O saqueo este sábado de varios vehículos que levaban víveres para as vítimas da zona do sismo acendeu as alarmas en Perú. O propio presidente, Alán García, advertiu que fronte ao caos podería ser necesario "impoñer o toque de queda". De momento, milleiros de policías e militares foron enviados á zona.     
  Mentres, segue medrando a cifra de mortos na catástrofe, que podería pasar xa de 600. Na zona de Chincha, onde o sismo tamén zoupou forte, os cidadáns denuncian tamén o temor pola fuga de centos de presos do cárcere da zona onde caeron os muros. Dan conta tamén do caótico da situación as denuncias por roubo de material hospitalario e de saqueo de almacéns de ONGs.