Os populares cren que ademais de terminar co peaxe da A-9 entre as dúas vilas, non se debería a construír unha variante, mais si interconexións en varios puntos.
Segundo un estudo feito polo PPdeG, o custo da nova autovía e o prexuízo económico que esta xeraría -duns 150 millóns de euros-, é moito maior do que suporía suprimir a peaxe entre Vigo e Porriño: 100 millóns de euros nos vindeiros 40 anos, o que terminaría por axilizar a circulación doutro xeito,.
O PP vai presentar unha iniciativa instando á Xunta a que se sitúe en contra da AV-80 que pretende construír Fomento para unir Vigo e Porriño. O voceiro de Infraestruturas do partido, Gómez Alonso, quixo salientar que a proposta "non vai solucionar os problemas de seguridade e circulación que sofre a A-55 no seu paso por Mos", polo que, segundo di, van ter que se procurar alternativas mellores, que non prexudiquen os concellos de Mos e Porriño.
"A Fomento só se lle ocorren parches chafalleiros"
Os populares estiman que construír novas infraestruturas no municipio de Mos é prexudicial para unha localidade que "ten o 22% do territorio non edificable e que podería ter ata o 28% do chan vinculado a infraestruturas". Eles defenden unha "alternativa baseada en liberar a peaxe da AP-9 entre Puxeiros e Porriño", que, segundo din, foi apoiada no seu momento polos concellos de Mos e Porriño, a Confederación de Empresarios de Pontevedra e contaba co apoio do anterior goberno de Vigo. Ademais da supresión da peaxe, propoñen a construción de varias interconexións entre a A-52, a AP-9, a A-55 e a futura A-57.
O voceiro popular termina querendo lembrar que as intencións de Fomento "son contrarias á mellora do tráfico na zona: nin facilita o acceso a Vigo, nin enlaza coas infraestruturas xa existentes, nin ten saída aos polígonos da zona".