Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sismo de case 8 graos na escala Richter

Agrávase a situación en Perú debido a falta de víveres na zona afectada

O goberno do país vese impotente para poder afrontar a urxencia, debido aos cortes das rutas terrestres. O número de mortos ronda o medio milleiro.

Redacción - 14:00 17/08/2007
Tags: Perú sismo



A escaseza de auga e alimentos, sumada á urxencia de medicamentos e carpas, estanse a converter na maior urxencia á que se enfrontan os damnificados do terremoto en Perú, en momentos en que o goberno do país vese impotente para poder afrontar a urxencia, debido aos cortes das rutas terrestres.

Os miles de damnificados das localidades de Ica, Pisco, Chincha e Cañete durmiron por segundo día ao aire libre rodeados dos cascallos das súas vivendas.

"A situación agudízase pola falta de carpas, alimentos, auga e medicamentos", advertiu Guillermo Merino, comandante de bombeiros de Pisco, a cidade máis devastada polo terremoto de 7,7 graos que sacudiu a costa centro-sur de Perú a noite do mércores.

Sobreviventes baixo os cascallos
O drama tomou aires macabros debido á sospeita dos socorristas de que baixo os cascallos das vivendas e igrexas poderíanse achar decenas de cadáveres ou de sobreviventes, unha esperanza que aínda non se desvanece.

Os bombeiros loitan contra o reloxo na igrexa San Clemente en Pisco, para buscar entre os restos de terra do que unha vez fora un templo católico algunhas das decenas de persoas que foron reportadas como desaparecidas.

As primeiras toneladas de axuda humanitaria chegaron a Pisco este xoves, mais revelanse insuficientes ante as dimensións humanas do drama, estimou a Defensa Civil.

Para axilizar a axuda internacional, o goberno peruano convocou para este venres unha reunión en Lima coas axencias de cooperación internacional para activar un 'Foro de Doadores' de cara a coordinar os esforzos para a axuda.

Medio milleiro de mortos
O forte terremoto que azoutou Perú deixa máis de 500 mortos e 1.600 feridos até o momento, segundo os Bombeiros, aínda que Defensa Civil calcula 437 falecidos e teme que o balance aumente polos grandes danos causados en varias cidades do sur. Pola súa banda, as Nacións Unidas cifran en 450 o número de finados, citando axencias locais peruanas.

O goberno iniciou desde moi cedo o xoves unha ponte aérea, dado que estas cidades -que habitualmente son de fácil acceso a través da Estrada Panamericana- atópanse incomunicadas xa que a ruta fracturou en varios lugares.

Un convoi con médicos e enfermeiras partiu na medianoite do mércores ao xoves a esa rexión, mentres que a Defensa Civil confirmou o xoves que enviou ás zonas do sinistro dúas toneladas de axuda humanitaria, entre carpas, colchóns e medicamentos, que se agregan a 50 toneladas que foron enviadas polo goberno.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: