Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Acusado de aldraxes por un xuíz

Un membro da CIG é condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización

O sindicalista, Eduardo Álvarez, xa recorreu, considerando a sentenza que lle obrigaría a eses pagos ao xuíz-decano Antonio Fraga Mandián como unha "conculcación" dos seus dereitos fundamentais.

Redacción - 11:00 14/08/2007

Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino e membro d'A Mesa pola Normalización Lingüística recorreu o fallo no momento de coñecelo, e solicitou a súa absolución ou a nulidade da sentenza, coa conseguinte repetición da vista oral, ao térense conculcado os seus dereitos fundamentais: "A sentenza foi ditada á medida do denunciante. Eu xa estaba condenado de antemán". O sindicalista, entre outras razóns, referíase as declaracións de Fraga Mandián publicadas nun xornal antes de que se emitise a sentenza deste caso, nas que o xuíz-decano aseguraba que se ía comprobar "cal é o custe de inxuriar a un xuíz".

Eduardo Álvarez manifestou tamén que vai "chegar até as últimas instancias xudiciais" para defender non só a súa dignidade, "senón a de todos os galegofalantes". O sindicalista asegurou sentirse "cidadán de terceira ou cuarta categoría" e cuestionou a existencia dun verdadeiro estado de dereito.

Pilar García Negro, profesora titular do Departamento de Galego-Portugués da UDC, corredactora da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e experta en Dereito Sociolingúistico, cualificou de "aberrante" o proceso aberto contra Eduardo Álvarez e preguntouse, durante a rolda de prensa dada na segunda feira por Álvarez: "En qué modelo de xustiza o exercicio dun dereito se converte nun feito puníbel e perseguíbel". García Negro tamén considerou esaxerada a indemnización imposta a Eduardo Álvarez, "pois é unha medida radical que lle supón a Eduardo a privación do seu salario durante máis de dous meses e medio". García Negro terminou a súa comparecencia facendo un chamamento ao Fiscal Xefe do TSXG, á Xunta, ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Galego para que emitan un pronunciamento sobre a conculcación dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes no ámbito xudicial.

Un proceso xudicial ateigado de "irregularidades"

O sindicalista entende que foron conculcados gravemente dereitos fundamentais ao longo de todo o proceso e, nomeadamente, no decurso da vista oral, celebrada o pasado 18 de xullo, onde a xuíza que presidía a vista oral fora nomeada polo propio Fraga Mandián, quen ademais lle negou a Eduardo Álvarez as probas testificais que propuxera ademais da posibilidade de interrogar a testemuña da acusación.

Ademais, Antonio Fraga Mandián abandonou a sala no medio da vista oral e tamén se alterou a orde fixada publicamente para a celebración do xuízo, para cumprir a axenda do xuíz-decano de A Coruña. Na última parte da vista, conculcouse o dereito á última palabra do acusado ao tan só permitirlle a xuíza expresarse apenas dous minutos.


4,71/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: