Tras conseguir o bronce este sábado na distancia de 1.000 metros e conseguir o pase directo para os Xogos Olímpicos de Beijing 2008, o flamante campión do mundo galego impúxose este domingo nunha excelente carreira.
David Cal converteuse este domingo no flamante novo campión do mundo na distancia de 500 metros para embarcacións do tipo C-1, nos Mundiais que se están a disputando en Duisburgo (Alemaña).
O seu triunfo permítelle sumar o seu segundo metal na cita alemá, tras a medalla de bronce lograda o sábado nos 1.000 metros, tras remontar unha discreta saída.
O galego logrou o triunfo cun tempo de 1:47:187 logo de dominar de principio a fin unha carreira na que non perdeu o liderado en ningún momento.
Por detrás del, a medalla de prata recaeu no alemán Andreas Dittmer, mentres que o bronce foi a mans do chinés Wenjun Yang.