Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para asegurar o subministro de combustíbel

Hugo Chávez impulsa o Tratado de Seguridade Enerxética en Latinoamérica

O presidente venezolano visita Uruguai, logo de que este luns Arxentina se adherise ao acordo. Ademais, criticou o "apetito insaciábel" de petróleo dos EUA.

Redacción - 11:45 08/08/2007
Hugo Chávez e Néstor Kirchner, tras asinar o TSE

Hugo Chávez e Néstor Kirchner, tras asinar o TSE

O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, manifestou este martes en Bos Aires, pouco antes de viaxar cara a Uruguai, a transcendencia do Tratado de Seguridade Enerxética (TSE) asinado co presidente arxentino Néstor Kirchner, que vai asegurar o subministro de combustíbel ao país austral, inmerso nun duro inverno.

No mesmo senso se traballa para que nas vindeiras datas tamén Uruguai, Bolivia, Ecuador e Nicaragua se sumen a este acordo, o cal, malia estar sen formalizar, xa funciona na práctica con Cuba. Segundo Chávez, "o TSE é a resposta integradora dos países latinoamericanos aos Tratados de Libre Comercio impulsados polos EUA".

"Voracidade insaciábel" dos EUA

Ademais, o presidente venezolano criticou a "voracidade insaciábel" do país norteamericano. "Os Estados Unidos de América teñen o 5% da poboación mundial, e consumen o 20% da enerxía usada no planeta", sinalou.

"Os EUA teñen un serio problema. As súas reservas de petróleo non van durar moitos anos; gastaron as súas e as de medio mundo", dixo, e engadiu que o apetito insaciábel de combustíbel levounos en numerosas ocasións a impor a súa vontade en Latinoamérica a punta de pistola.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: