Eladio Jiménez, do
Karpin Galicia, saíu reforzado na etapa prólogo da LXXIX
Volta a Portugal, con saída e chegada en Portimão. O escalador salmantino quedou no décimo sétimo posto da clasificación, a 18 segundos do líder, Martín Garrido, do Duja-Tavira.
Tres postos por diante, no 14, quedou o primeiro dos ciclistas do Karpin, Isidro Nozal, que percorreu os 6,8 quilómetros e 8 minutos e 7 segundos, a 16 segundos do gañador.
A pesar de non ser unha distancia para Isidro Nozal e de non ter destacado Santos González, Eladio Jiménez sae reforzado da etapa prólogo, pois das dez tiradas das que consta a volta, catro conclúen en alto, a súa especialidade.
Despois do prólogo, tamén se comezaron a ver as intencións de loitar pola xeral doutros deportistas, como Xabier Tondo, recente gañador do GP CTT Correios, a só dous segundos de Garrido; Óscar Sevilla, que foi sétimo, e o galego David Blanco, que quedou noveno despois de ter gañado a pasada edición.
A primeira etapa en liña parte do Algarve e discorrerá entre Portimão e Beja, cunha distancia de 196,4 Kms. O seu perfil suave e as escasas diferenzas na xeneral fan pensar nunha chegada ao sprint.