Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Milleiros de desaparecidos en todo o Estado

Calculan que aínda quedan en foxas comúns 50 mil corpos de represaliados

"Oficialmente o comandante Xosé Moreno Torres, do batallón Asturias, non existe", lamentou Santiago Macías, Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, que proximamente exhumará na Fonsagrada os restos dos homes deste batallón.

Redacción - 09:30 03/08/2007

"Estes desaparecidos non son só desaparecidos físicos senón que son tamén desaparecidos documentais", comentou Macías, lembrando o acontecido na Fonsagrada, onde malia estar enterrado un comandante republicano e parte da súa plana maior "non hai nada que o documente".
O colectivo que Santiago Macías axudou a fundar e do que é vicepresidente, calcula que en todo o Estado haberá se cadra até 50 mil cadáveres enterrados en foxas comúns, de persoas que foron asasinadas durante a Guerra Civil e durante a Ditadura.
Un equipo de arqueólogos vai o próximo sábado 11 de agosto á Fonsagrada para a exhumación do cadáver do comandante Moreno e do resto do batallón Asturias. A asociación tamén programaou traballos este verán no Concello de Ames e en Boimorto, onde agardan desenterrar a corporación municipal asasinada no seu día polos fascistas.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: