Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fora colocado en 1977

Os cedeirenses deixarán de ver o monolito que homenaxeaba a Franco nos xardíns da vila

Coa abstención do PPdeG e os votos a favor do novo tripartito gobernante, PSdeG, BNG e TG, o Consello de Cedeira aprobou retirar a simboloxía franquista de rúas e prazas.

Redacción - 09:30 02/08/2007

Dous anos despois da propia morte do ditador, en 1977, os veciños de Cedeira viran como lles impoñían unha escultura en homenaxe a Francisco Franco nos xardíns da localidade. Gobernaba daquela o ex alcalde conservador Leopoldo Rubido e asistira á inauguración o ex ministro franquista Fernández de la Mora, quen ademais fora nomeado fillo predilecto do Concello. Rubido, que gobernou o Concello até hai poucas semanas, non asistiu ao pleno que esta semana votou a decisión.

Non puido ser até a altura de 2007 cando o recente cambio de goberno no municipio conseguiu botar adiante unha moción, aprobada no pleno deste mércores, que estabelece a retirada de toda a simboloxía franquista de rúas e prazas. "Á fin se suprimen todo o que exaltaba a persoas e feitos que atentaron contra as institucións democráticas", felicitaba o novo rexedor, o socialista Xosé Luís Vergara, despois da aprobación. No lugar que está o monolito franquista, o novo goberno cavila colocar unhas rochas en homenaxe á "rica xeoloxía" do lugar.


Ligazóns

5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: