Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Con oito deputados

Queda formada a Comisión de Goberno da Deputación de Lugo

O presidente provincial, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que entre eles haberá tres vicepresidentes, dous do BNG e un do PSdeG.

Redacción - 17:44 01/08/2007

Ademais reuniranse o portavoz provincial socialista e alcalde de Monterroso Antonio Gato, o de Viveiro, Melchor Roel, o de Becerreá, Manuel Martínez, a de Guitiriz, Regina Polín e o rexedor de Ribas do Sil, Miguel Sotuela.

A distribución abrangue seis áreas: Promoción Económica e Emprego, Cooperación con concellos, Réxime Interior e Persoal, Benestar Social e Turismo e Infraestruturas e Urbanismo. Tamén será designado como responsábel da sociedade provincial urbanística ao alcalde de Sarria, o socialista Claudio Garrido.

Maior cooperación cos concellos e coordinación coa Xunta, nomeadamente no relacionado coas infraestruturas, son os principais obxectivos da comisión de goberno da Deputación.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: