Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festiclown, do 1 ao 5 de agosto

Días para facer o pallaso

Todos os anos, clowns de todo o mundo asoman os seus narices vermellos polos recunchos de Compostela. Esta edición trae dezaoito compañías. Aquí podemos ver unha simpática actuación do verán pasado:

Redacción - 13:00 01/08/2007



O Festiclown, organizado pola Concellaría de Cultura compostelá, xestionado por Coperactiva Cultural e co patrocinio do Xacobeo, é xa un evento referencial non só en Galiza, senón no mundo. Un festival pioneiro nunha arte escénica por veces deostada: o mundo do clown.

Nesta edición, ademais do importante apartado formativo (hai nada menos que 13 cursos, aos que se apuntaron 250 persoas), aumenta tamén o número de espectáculos: 120 funcións en todos os ámbitos, formatos e estilos: dende as actuacións de rúa, que mesturan linguaxes circenses, como o Maraclown ou o Desclowntrol, até as funcións nos grandes escenarios da cidade, como a polémica A Revelación, de Leo Bassi, ou o espectáculo de Magic Andreu.

Prestixio internacional e conciencia


A Mostra Internacional, no Teatro Principal ou no Auditorio, acolle tamén as montaxes de Pepa Plana, directora do festival de pallasas de Andorra, que trae L'Atzar. De feito, este ano constitúese unha rede de maxia e clown, Rede Estela, para promover en conxunto varios festivais: este noso Festiclown, a Fira Màgica de Santa Susanna (Barcelona) e o Magiclown de Sant Josep (Eivissa).

A programación do Festiclown está xa á altura dos mellores festivais de clown de Europa, e non esquece o seu compromiso coas zonas do mundo explotadas polo imperialismo: Coperactiva exportou xa cultura e alegría ás comunidades zapatistas de Chiapas o verán pasado, e este ano volve recadar fondos co mesmo fin. Ademais, este mércores estréase o documental Pallasos sen fronteiras en Sri Lanka, e no programa haberá tamén unha charla sobre a función social do clown a cargo de Jesús Jara.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartel do Festiclown
Cartel do Festiclown
O Festiclown chega máis alá: Pallasos en rebeldía en Chiapas o ano pasado
O Festiclown chega máis alá: Pallasos en rebeldía en Chiapas o ano pasado
Pepa Plana imparte un curso de clown para mulleres
Pepa Plana imparte un curso de clown para mulleres