Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Analiza a actuación do executivo en 2004

O informe do Consello de Contas critica a xestión da Cidade da Cultura no goberno anterior

Fala de falla de planificación, ocultismo na comunicación do proxecto, falla de conexión co sector cultural de Galiza e ausencia dun verdadeiro proxecto cultural.

Redacción - 17:34 30/07/2007

Refírese en concreto á xestión desenvolvida pola Fundación Cidade da Cultura dende o seu nacemento en 1999 até o 31 de decembro de 2004. Co cambio de goberno, en agosto de 2005, a Consellaría de Cultura e Deporte tomou o relevo e comezou o deseño dun proxecto cultural: substituíu o sistema de relatorios asesores, e implicou ás principais institucións culturais do país (o Museo do Pobo e o Consello da Cultura entre elas).

Estabeleceuse un proceso participativo, de xeito que 240 representantes de todos os sectores da cultura e da ciencia en Galiza foron parte durante semanas dun diálogo aberto: persoas profesionais e expertas das artes escénicas, música, lingua, literatura, artes visuais, cultura e sociedade, audiovisual, cultura tradicional, cultura científica, creación en Internet e música clásica.

Actualmente a Cidade da Cultura conta cun proxecto de contidos que foi exposto pola conselleira Ánxela Bugallo perante o Parlamento de Galicia o día 27 de decembro de 2006, e pode ser consultado publicamente na páxina web da Consellaría e da Fundación.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: