Álvaro Lira contoulle a Vieiros a historia dunha cita coa música en Negreira, que tivo lugar este venres no Parque do Coto, en Negreira.
Como explicou o coordenador de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, o Nicrarock “intenta axudar a empezar” a grupos da vila e da comarca que aposten maioritariamente por temas en galego, dixo. Respiraba aire, claro, pero enxalzaba ilusión.
Vieiros: Quen e como leva adiante a iniciativa?
Álvaro Lira: Este concerto enmárcase no verán cultural que o Concello de Negreira programa desde xuño até setembro. A entrada é de balde e temos a idea de seguir como até agora, facendo o festival coa mesma intención, a pesar de non ter lugar onde acampar, xa que o festival se fai na praza do Coto, no centro de Negreira, e o sitio non é abondo para iso, pero os obxectivos dos que partimos sempre se cumpren.
V.: E nestes anos non mudastes a maneira de concibir o Nicrarock?
A.L.: Houbo algúns anos nos que trouxemos grupos de fóra, cando os cartos nolo permitiron. Falo de Amaral cando empezaban, dos Enemigos, fai dous anos veu tamén Ruxe Ruxe… Pero aquí intentamos axudar a empezar, tamén a que os grupos noveis de aquí poidan tocar en directo cando teñen algo que dicir. O que si, é que primamos os temas en galego. O cartel deste ano está composto por Jobijon y los MolesTones, Esguince e Black Jack.
V.: Cal é a traxectoria deste festival?
A.L.: Debe ser a sétima vez que nos xuntamos para organizalo pero non levamos a conta. Facemos o Nicrarock para dar saída aos grupos de Negreira e da comarca e non nos preocupa se son máis ou menos edicións. Intentamos que estas bandas que non teñen cedés editados poidan gozar da oportunidade de tocar nun escenario en boas condicións e con bo son.