Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas á 'Comisión da Verdade'

A ONU non quere que se amnistíe aos culpábeis de violacións dos dereitos humanos en Timor Leste

Ante o temor de que os seus colaboradores axuden a amnistiar os xenocidas, a ONU prohibiulles participar na 'Comisión da Verdade', creada polos gobernos de Indonesia e Timor Leste.

Redacción - 11:45 27/07/2007

O secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki Moon, advertiu na quinta feira que non vai tolerar calquera tento, por parte da 'Comisión da Verdade e a Amizade', de propor unha amnistía aos culpábeis de casos de xenocidio, crimes contra a Humanidade, crimes de guerra ou violacións flagrantes dos Dereitos Humanos cometidos en Timor Leste.

Nun seu comunicado, a voceira do organismo, Maria Okabe, dixo que o secretario xeral se opón a que os seus colaboradores, membros da antiga misión da ONU en Timor Leste, a UNAMET, testemuñen na Comisión da verdade, ante a posibilidade de que se chegue a amnistiar aos culpábeis do xenocidio do pobo timorense.

Que esta Comisión, establecida polos actuais Gobernos de Timor Leste e Indonesia, recomende a amnistía, sen excluír os crimes nin as violacións ás leis internacionais, é o que preocupa a Ban Ki Moon, que lembrou que, a non ser que se cumpran as súas esixencias, ningún dos membros da súa organización vai facer parte de ningunha das actividades por ela desenvolvidas.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: