Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Xestión sostible lobo-gando salvaxe

Estudo da relación do lobo co cabalo do monte

A asociación Asemblea do Suído (Federación Ecoloxista Galega) está a facer un estudo sobre o efecto do lobo ibérico nas poboacións de cabalo en réxime extensivo do sur da provincia de Pontevedra

Asemblea do Suído - 09:57 26/07/2007

A investigación (subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel) é coordinada polo doutor en ecoloxía Ignacio Munilla Rumbao e é levada a cabo polo licenciado e doutorando en bioloxía, Santiago Barciela García.

O estudo céntrase nas serras do sur da provincia, onde hai unha forte presenza de cabalos en réxime extensivo. As serras da Groba, do Galiñeiro, do Galleiro, do Monte Maior, da Paradanta, do Faro de Avión e do Suído, son as elixidas para a realización desta investigación.

O obxectivo do estudo é buscar ferramentas preventivas, baseadas no coñecemento científico, destinadas a reducir a conflitividade e a acadar formas de coexistencia entre os gandeiros e o lobo.

Os resultados da investigación faranse públicos a finais de ano. Entre eles serán especialmente interesantes os datos relativos ao efecto da predación do lobo nos parámetros demográficos dos cabalos, ao comparar as serras con presenza de lobo coas que non a teñen.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: