Cun chamamento "á conciencia do pobo galego", nun manifesto lido polo seu coordinador xeral, Xoán Gato, celebrou TEGA este mércores o Día de Galiza.
"Galiza ten dereito, de xeito inmediato, a un novo Estatuto autonómico, no que se vexa reflectido o máximo teito competencial e presupostario que lle corresponde, en pé de igualdade, coas nacionalidades históricas do Estado: Euskadi e Cataluña", recolle o manifesto redactado por Terra Galega para este día.
"É o momento tamén de loitar todos xuntos para minimizar as nosas debilidades, o remate e a coordinación das infraestruturas de comunicación (viarias, ferroviarias e marítimas), de enerxía eléctrica e de telecomunicación", indican.
Na web de Terra Galega poden ler o manifesto completo.