Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
LECTURAS CON CATALUÑA AO FONDO

Grial 174 mira a Cataluña: financiamento autonómino e Rede.cat

A revista inclúe unha entrevista ao conseller Antoni Castells, un artigo de Núria Bosch e mais unha crónica sobre Rede.cat de Helena González.

Redacción - 13:30 26/07/2007

O último número da revista "Grial" dedica o seu habitual monográfico ao financiamento autonómico. O tema está en pleno debate tanto en Galicia como en Cataluña e permite comparar dúas situacións diferentes. A experiencia catalá do Estatut pode servir para coñecer os atrancos e vantaxes cara á discusión dun novo modelo estatutario galego.

Alberto Meixide conversa co conseller de economía, Antonio Castells (a entrevista pode lerse na web da revista). Pola súa banda, Núria Bosch, catedrática de Facenda Pública na UB, fala sobre os problemas actuais do financiamento económico. O monográfico complétase con artigos de Ángel de la Fuente, María Gudín, José Sánchez Maldonado e Xaquín Álvarez Corbacho, entre outros.

Por outra banda, na habitual sección de crónica, publícase un artigo de Helena González, profesora de Filoloxías Galega e Portuguesa na UB, titulado “Rede.cat: o maio cultural que dura todo o ano”. Rede.cat é unha iniciativa de colaboración formada por grupos culturais e persoa para incentivar, dignificar e visibilizar a cultura galega e o pensamento crítico en Cataluña. En outubro cumprirase un ano da presentación pública da organización.

Grial 174
Vigo: Galaxia, xullo 2007.


3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: