Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Despois do abandono de Rasmussen

Contador sae coa camisola amarela no Tour de Francia

O principal favorito para gañar a proba o ciclismo de elite máis importante do mundo é obrigado a abandonar polo seu equipo, tras confirmarse o seu positivo por dopaxe.

Redacción - 11:20 26/07/2007
Rasmussen

Rasmussen

Despois de que a comezos de semana saltase a todos os medios deportivos a noticia da posíbel dopaxe de Vinokourov, na xornada da cuarta feira sóubose que o Rabobank, o equipo do ciclista dinamarqués Michael Rasmussen, actual líder da proba, acababa de botar fóra do Tour un dos seus mellores corredores, após a negativa deste de pasar polos controis anti dopaxe.

Un voceiro do equipo aseguraba na etapa da cuarta, que o dinamarqués fora afastado da competición temporalmente, mais entre os ciclistas rexoubábase que o equipo deixara fóra a Rasmussen por presións da organización gala.

O Rabobank fica, máis unha vez, sen o maillot amarelo, e sen haber positivo ningún. O argumento do equipo é que Rasmussen mentiu sobre o lugar no que se atopaba ao ser chamado para pasar un control anti dopaxe, o que supón unha violación do réxime interno do equipo.

Os organizadores do Tour defenderon a Rasmussen

Cando foi castigado pola súa federación, os organizadores da rolda francesa defenderon ao ciclista dinamarqués, xa que son precisas tres infraccións deste tipo para recibir unha sanción. Mais a prensa local acusouno de primeiras, cunha foto de portada en L'Equipe, que aludía ao positivo de Vinokourov, incluíndo Rasmussen.

A camisola amarela, para Contador

O maillot amarelo pasa agora a mans do segundo clasificado, o español Alberto Contador, quen ten unha vantaxe de 1 minuto e 53 segundos sobre o segundo clasificado, o australiano Cadel Evans, e só fican catro probas por disputar.

E Pereiro...

O de Mos segue a se manter no posto número 11 da xeral, igualiño que o número que leva na sua camisola. Na proba da cuarta feira, Pereiro chegou noveno, a 2 min. e 29 seg. do polémico gañador, Rasmussen.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: