Un espazo onde os internautas poidan "opinar libremente sobre calquera temática".
Din os seus promotores que a iniciativa xorde coa misión de se converter no "foro referente e transversal para o debate na internet de toda a cidadanía galega".
"Este novo proxecto pretende así converterse en punto de encontro da comunidade cibernética galega, independentemente de cal sexa a súa ideoloxía, condición ou opción lingüística e ortográfica", explican.
Accesíbel en Vozdagaliza.com.