Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
karate

Noelia Cortiñas consegue o ouro Europeo, onde Galiza foi subcampioa

A karateka galega acadou o ouro nunha competición onde a Selección Galega demostrou toda a súa forza, vencendo a Rumanía e Italia para chegar ao segundo chanzo do podio.

Redacción - 10:00 26/07/2007

A deportista galega Noelia Cortiñas Expósito conseguiu esta fin de semana a medalla de ouro no Campionato de Europa de Karate estilo Shitoryu, que se celebrou en Barcelona.

Excelento momento do Karate feminino galego

A selección galega de karate, que estaba integrada por ela mesma, Lara Abelleira Yáñez e Rebeca González Vilar, tamén conseguiu un posto de seu no podio, ao se proclamar subcampioa de Europa, logo de superar nas fases clasificatorias a Rumanía e Italia.

O éxito de Noelia Cortiñas e a medalla de bronce de Lara Abelleira, tamén a nivel individual, demostran o excelente momento que está a vivir o karate feminino galego.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: