Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Presentou novo disco o venres pasado

Escoita o máis novo de Uxía

O venres 20 de xullo tivo lugar en Sintra a mestizaxe entre os ritmos da lusofonía e o estilo intimista de Uxía. O estudio de Vale de Lobos acolleu unha audición de presentación do disco que a cantora editará no próximo outono. Aquí podemos escoitar un pequeno adianto: Eterno navegar.

Redacción - 15:00 27/07/2007



Arroupárona Tito Paris, Sara Tavares, Sérgio Godinho, Rui Veloso, Júlio Pereira, Quim Farinha, Guadi Galego, João Afonso, Ugia Pedreira, Filipa Pais, ou Amélia Muge, entre outros. Ao temón do proxecto, Paulo Borges. O resultado, unha eclosión de sons atlánticos cun idioma común.

Temas como Danza ritual, As nosas cores ou Eterno navegar adiantaron o contido deste traballo, un disco ante todo, de contrastes: a voz áspera de Zeca Medeiros, unha sorte de Tom Waits azoriano, coa voz doce de Uxía, o serrote de Pulpiño Viascón, a pulsación caboverdiana de Jon Luz, o baixo de Manecas Costa e recendo a fado de Mário Delgado en Eu en ti.

Varios xornalistas e convidados musicais puideron gozar dunha cea e concerto na Casa da Morna, en Lisboa, o pasado 19 de xuño, e deleitarse ao día seguinte coa audición de parte do disco producido por Nordesía.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: