Até cinco dos sete palistas que representarán ao piragüismo estatal no XII Campionato do Mundo júnior son galegos.
O Mundial será na localidade checa de Racice e comezará a vindeira sexta feira coas series clasificadoras sobre as distancias de 1.000 e 500 metros. O combinado estatal está formado por tres kaiakistas masculinos, tres canoístas e unha muller.
No K-1 estará o galego do Clube Ría Aldán Hermanos Gandón, Roberto Abal, que deberá, cando menos, tentar poñerse á altura de Diego Cosgaya, que en 2005 se proclamou duplo campión do mundo na última edición del Mundial celebrada en Hungría.
No K-2 estarán o vasco Íñigo Peña, e o galego Rodrigo Germade, do clube grovense Breogán Outón Xunqueiriña. Os tres canoístas son Miguel Rodríguez Galbán, do Piragüismo Rianxo, -que remará en C-1 1.000 y 500-; e o seu compañeiro de equipo, Luis Figueira, que xunto co palista do Náutico Pontecesures, Andrés Oliveira, formarán a tripulación do C-2.
O outro galego, aínda que non reme, é o Director Técnico da Federación Galega de Piragüismo, o coruñés Josechu Roel, que é o encargado do equipo de canoa e que viaxa ao Mundial cos rapaces e rapazas do combinado estatal.