Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CORRUPCIÓN POLÍTICA

O Bloque esixe unha investigación a fondo das falsificacións de listas electorais

Os nacionalistas anuncian que pelexarán para que se depuren as responsabilidades políticas e penais.

Redacción - 14:19 23/07/2007

Logo de que se coñecera que sete veciños do Grove foron propostos sen o seu permiso para listas do PP vasco, o BNG esixe publicamente unha investigación. O deputado nacionalista Bieito Lobeira e o responsábel do Bloque no Salnés, Duarte Correo, demandaron nunha conferencia de prensa que se depuren as responsabilidades políticas e penais.

Lobeira acusou ao PP dunha “absoluta falta de escrúpulos”. O deputado non dubidou en comparar o acontecido coa “mafia siciliana”. Os nacionalistas coidan que tanto Rafael Louzán, como presidente do PP pontevedrés, como Núñez Feijoo, máximo responsábel do PPdeG, deben responder publicamente.

Mais dende o Bloque xa anunciaron que a súa denuncia non vai quedar nunha simple declaración de intencións. O primeiro paso que van dar é solicitar que a Dirección Xeral de Administración Local abra unha investigación. Asemade, pedirán formalmente a intervención da Axencia de Protección de Datos. Tamén advirten de que se a Fiscalía non actúa daranlle conta ao goberno español para que inste ao ministerio fiscal a facelo.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: