O equipo de fútbol de Deixebre (Oroso) organizou un partido contra unha selección de inmigrantes do país africano.
Hai só tres meses que viven en Sigüeiro, unha vila preto de Compostela, pero os senegaleses que viñeron a Galiza traballar, xa se manexan un chisco en español. "iso si, controlan o inglés e o francés coma ninguén", di Emilio Ferro, o novo presidente do Deixebre.
A SD Deixebre é un clube desta parroquia, no concello de Oroso que, con 26 anos de historia, estrea directiva. Nunha das súas xuntanzas pensaron en xogar un partido de integración cos cidadáns de Senegal, que había pouco que vivían a carón deles -chegaron para traballar en Vegonsa, unha empresa de alimentación pertencente a Vegalsa, do grupo Eroski-, e así comezou todo.
O concello colaborou -"puxo as medallas", di Ferro- e os do clube deixebrés tiveron que mercar as camisolas dos contrincantes e preparalo todo para o día de xogo. Ao final perderon, pero o partido serviulle ao clube para coñecer os novos veciños e para, seguramente facer algúns novos fichaxes, porque segundo lle contou a Vieiros Emilio Ferro. O fútbol serviu para rachar fronteiras culturais e facer amigos.