Unha das meirandes probas deportivas da raia vai reunir atletas de toda Galiza, Salamanca e Valencia.
O cuarto cuadriatlón de Tui vaise desenvolver na cidade da raia a partir das 16:30 horas no contorno do Paseo Fluvial.
Na competición, organizada pola Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume, poden participar persoas soas ou parellas, mais todos terán que percorrer os 18 quilómetros en bicicleta -que se farán despois dos 700 metros a nado-, seguidos duns 3 quilómetros a piragua para terminar cunha carreira a pé de 7 quilómetros.
Se queredes máis información desta carreira do sábado, tédela toda na súa web.