Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESCÁNDALO NA CONFECCIÓN DE LISTAS

O PP de Euskadi incluíu unha veciña do Grove nunha candidatura electoral sen o seu permiso

A muller figurou na lista que os conservadores presentaron no municipio de Muskiz

Redacción - 10:49 20/07/2007

“Non asinei ningún permiso, non enviei ningunha fotocopia do meu carné, pero recibín unha carta de agradecemento e unha copia da candidatura onde estaba o meu nome”, así recolle La Voz de Galicia a sorpresa da veciña do Grove, que se presentou sen sabelo como candidata no municipio de Muskiz. A gravidade dos feitos pode acabar nun proceso penal.

Mais este non é o primeiro caso, o mesmo xornal tamén denunciou esta semana que outra muller do mesmo municipio tamén foi incluida na lista de voluntarios a presentarse polo PP de Euskadi, aínda que non chegou finalmente a figurar nas listas. As dúas afectadas teñen en común que traballaron no Concello do Grove cando aínda gobernaba o PP.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: